Adrián M. Pereiro | Luthier · Unha forma de luthería que mellora a contorna | #2
Description
Entrevistamos a Adrián Martínez Pereiro, luthier e artesán galego que centra o seu traballo na creación e dignificación dun oficio que honra e sinte como necesario. Especializado en instrumentos de corda frotada e receptor da «Bolsa ensaia» en 2023, cóntanos detalles do seu último proxecto: «un chelo, catro historias», así como da súa forma de ver a luthería.
| Sobre As follas novas.
Entrevistas a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia» con traxectorias admirables en campos moi diversos. Aquí afondamos no seus procesos creativos e formas de entender o mundo.
| Sobre ensaia.
Somos un movemento que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, doa anónima e desinteresadamente cartos para, entre outras iniciativas, outorgar anualmente bolsas que apoien traxectorias destinadas a impactar positivamente en Galicia. Súmate á comunidade para outorgar máis bolsas e coñece máis sobre nós na nosa web: ensaia.com










